matadoirotv

Proxectos

Matadoiro TV

29 Set , 2016  

Matadoiro TV é un grupo de traballo colaborativo de produción, información e documentación en formato vídeo. Matadoiro TV é un taller aberto que abarca os múltiples aspectos da produción audiovisual. Actualmente, estase a traballar en dous proxectos de ficción.

Un deles é unha ficción política situada nun país imaxinario da antiga URSS.

O outro é un vídeo interactivo adaptado a partir dun texto orixinal para teatro, que xa foi representado por un grupo de actrices de Compostela.

28112597531_3a508a666e_z

O grupo está integrado até o de agora por técnicos, cámara, sonidistas e guionistas de ficción. Gustaríalles contar con reporteirxs e presentadorxs para cubrir o campo da información… ou máis ben da contrainformación, tan necesaria hoxe.

Matadoiro TV fai un chamamento para que todxs aquelxs que teñan un proxecto audiovisual colaborativo se acheguen, porque Matadoiro TV é un taller, e non unha produtora audiovisual, é dicir, pódense formar múltiples grupos con fins distintos… Os medios son colectivos, o que se faga… “É COUSA DE CADAQUÉN”.

  • Matadoiro TV é un grupo de produción aberto e participativo, podes  facer parte sumándote ás súas xuntanzas semanais, todos os luns ás 19.30 no Matadoiro Compostela.
  • Info e vídeos producidos até a data en: www.matadoirocompostela.com/matadoirotv

By



Comments are closed.