garita

Proxectos

A Garita dos Libros. Libraría comunitaria

14 Dec , 2016  

As garitas como construcións de fronteira, como testemuñas da historia de contrabando e da economía de subsistencia é o nome para o territorio dos libros compartidos no linde de acollida ao Matadoiro Compostela.

Un espazo comunitario de leva e trae que rescatamos dxs que xa destes en traer, que agora toma a feitura de libraría da confianza para medrar e mudar canto a xente queira. O obxectivo, acceso libre á lectura e goce común, non hai máis: ler, intercambiar, dar para que as palabras e saberes flúan.

A Garita dos Libros. Regras do xogo:

  • Leva e trae o libro de volta.
  • Leva e trae outro.
  • Leva polo prezo decidas e fica con el (has poder completar o seu valor unha vez lido se ben o merece).
  • Leva e achega unha outra cousa (poemas, propostas,…).

A Garita dos Libros é un proxecto propio do Matadoiro Compostela para revitalizar e crear comunidades arredor dos espazos baleiros da antiga Casa da Xuventude. A organización de obradoiros, un pequeno club de lectura… son algunhas das ideas que se levarán a cabo ao abeiro dos libros libres.

Vén construír canda nós a libraría dos libros ceibes que mudan de mans, que se transforman a través das miradas e que se comparten, a libraría das lecturas sen domesticar e do movemento permanente.

Agardámosvos a vós e mais  aos vosos libros.czqnauvw8aavfpc czqnavmxcaajkck czqnawiwgaagqng czqnawixaai1ugb

 

 

By



Comments are closed.