cartaz

Novas, Programación

Faladoiro: “O povo é quem mais ordena!” Loitas veciñais na defensa do común

14 Dec , 2016  

Poñerlle voz e corpo ás mobilizacións veciñais na defensa do ben común. Coñecer as resistencias que se tecen para frear os intereses especulativos e electoralistas colocando a vida e os dereitos sociais no centro. Reflexionar sobre a solidariedade e o apoio mutuo como ferramentas fronte á represión das que traballan pola xustiza social.

Un faladoiro no que abordar estas realidades e para o que contaremos con quen participaron en diferentes loitas veciñais para desde as propias experiencias xerar sinerxias na defensa do que é de todas.

Farán parte da xornada:

  • Asemblea Aberta de Coia (Vigo)
  • Plataforma “Defender o público, a Casa da Xuventude é nosa“ (Compostela)
  • Plataforma de Galeras (Compostela)
  • Elviña non se vende (A Coruña)
  • Coordinación de loitas Baladre

Proxectarase tamén a curtametraxe #MoitoPeixeRompeARede, un repaso polos meses de loita veciñal na rotonda de Coia e as súas consecuencias.

moitopeixerompearede

 

Xoves, 15 de decembro 2016
Ás 20h,, no Matadoiro Compostela (Praza do Matadoiro, s/n)

Este encontro organizado pola Asemblea Aberta de Coia está enmarcado na campaña “Quérennos soas, terannos en común”, dirixida a aglutinar apoios a Diego Lores, unha das persoas represaliadas pola loita contra a instalación do barco Bernardo Alfageme nunha rotonda do barrio vigués de Coia. h

Máis info en: https://diegoabsolucion.wordpress.com / https://www.facebook.com/asembleaabertacoia

By


Comments are closed.