IMG_6928

Programación

Homenaxe ao poeta Carlos Ana

5 Feb , 2017  

O Sindicato de Estudantes levará a cabo o día 9 de febreiro o seu primeiro evento cultural en Compostela para homenaxear ao poeta recentemente falecido, Marcos Ana. O lugar escolleito, o Matadoiro.

Marcos Ana poeta antifranquista, que logo de 23 anos preso e represaliado durante a dictadura, con 42 anos foi posto en liberdade. A vida deste autor estará marcada pola influencia e presenza directa de importantes escritores da literatura  e por unha intensa actividade política.

O acto, para alén de homenaxear a Marcos Ana e a súa obra, busca tamén achegarse a través da súa figura a temas como a memoria histórica ou a situación na actualidade dxs presxs políticxs.

Data: xoves, 9 de febreiro 2017// Hora: 18h00// Lugar: Matadoiro Compostela

Organiza: Sindicato de Estudantes

O Sindicato de Estudantes é unha organización de esquerdas e revolucionaria que defende unha educación pública, gratuíta e laica. Así tamén serve fai de apoio ao alumnado e  axuda a denunciar  situacións de inxustiza nos centros de estudos.

*O acceso será libre, mais agradeceranse as doazóns a vontade para o sindicato.

By


Comments are closed.