unnamed

Novas, Programación

Superpunky. O musical+ Dálle jas

5 Feb , 2017  

O venres, 10 de febreiro 2016 ás 20h30, estrea no Matadoiro Compostela de Superpunky. O musical e mais da segunda temporada da webserie Dálle jas coa proxección do primeiro e o segundo capítulo. 

O evento contará coa presentación por parte da equipa técnica e artística máis coloquio posterior.

Superpunky é unha curtametraxe musical gravada integramente en Pontevedra e dirixida polo cineasta Pablo Cacheda. Conta a historia de Belén e Rebeca, íntimas desde pequenas, comparten gustos musicais até que chegan á universidade e os seus gustos distáncianse provocando conflito entre elas. Entre estes conflitos, aparecerá Quique, que fora neno prodixio e actual cantautor maldito. Un concerto de Quique varios anos despois de separarse do seu grupo servirá de eixe da historia.

Dálle Jas é unha webserie de comedia que vai pola 2ª temporada e que narra a historia de cinco persoas descoñecidas e moi diferentes, que se xuntan para facer unha viaxe por medio dunha páxina web para compartir coche. Un percorrido que xs levará non só a se coñeceren, tamén a descubrir novas realidades.

Data: venres, 10 de febreiro 2017// Hora: 20h30// Lugar: Salón de Actos do Matadoiro Compostela

Entrada libre até completar aforo

Organiza: Abella Creativa

Abella Creativa é un estudio audiovisual compostelán creado polo promotor e produtor de eventos Andrés Rozados e a deseñadora e artista Olalla Diéguez no ano 2014.
Desde os seus inicios, o obxectivo de Abella Creativa é xerar ideas para desenvolver proxectos propios pero tamén, asesorar, axudar e formar parte de proxectos que lle plantexan empresas, organismos, asociacións e tamén outros estudios e produtoras que propoñen levar a cabo ideas en común.

Máis info en: http://www.abellacreativa.com/ e en https://www.facebook.com/AbellaCreativa/

By


Comments are closed.