Desmontando o amor romántico

Novas, Programación

Desmontando o amor romántico

9 Feb , 2017  

 

O 14 de febreiro, cita ás 19h45  no Matadoiro para desmontar as teorías do amor romántico no día que máis se maxifica.  A Plataforma Feminista Galega organiza para iso unha conversa-debate na que participarán Eva Garea, Vanessa Angustia e Encarna Otero.

Eva Garea
Profesora de Filosofía ou máis ben, estudante de Filosofía, como ela se autodenomina. Pertence á Asociación Nexos de Didáctica da Filosofía. É autora de manuais didácticos de Antropoloxía, Psicoloxía e Filosofía. Foi dúas veces Premio de Innovación Educativa pola Xunta de Galicia, o Ministerio de Educación e o de Cultura. Amais, é unha apaixonada das neurociencias e das novas tecnoloxías.

Vanessa Angustia
Senadora e activista no recoñecemento dos dereitos dos distintos colectivos LGTBI+. Defendeu a postura pola que se insta ao Goberno a desenvolver un protocolo no ámbito educativo sobre o acoso escolar pola orientación sexual e participou nos procesos das Leis de Igualdade LGTBI de Andalucía, Madrid, Cataluña e Galicia e nas Leis de Transexualidade de Andalucía, Euskal Herria e Navarra.

Encarna Otero
Historiadora e vinculada sempre ao movemento feminista galego. Colaborou en diferentes publicacións como A Nosa Terra, O Ensino, Andaina ou Festa da Palabra Silenciada con artigos sobre a muller na historia. É membro da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega e conta con varios ensaios políticos.

Data:  martes, 14 de febreiro 2017// Hora: 19h45// Lugar: Matadoiro Compostela

Organiza: Plataforma Feminista Galega

A Plataforma Feminista Galega é un instrumento de participación e acción política e está formada por organizacións, asociacións e mulleres feministas. Entre os seus obxectivos está fomentar a formación e difusión de contidos feministas así como tecer un mecanismo de actuación en todos os ámbitos que impliquen as violencias machistas e a supresión de dereitos, liberdades ou autonomía para as mulleres.

 Máis info en: http://feminismo.eu/pfg/

By


Comments are closed.