16406548_1113654488743214_630736178297907024_n

Programación

O perfil profesional na xestión cultural hoxe

10 Feb , 2017  

 A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural organiza segunda quedada 0 venres, 17 de febreiro 2017 no Matadoiro Compostela cunha mesa redonda na que abordar o perfil das persoas que na actualidade traballan na xestión cultural, desde modelos baseados na animación sociocultural á mediación cultural. 

Participarán do encontro: Ania González, Diego V. Meizoso, Fran Quiroga e Xulio Noia Liste.

Xulio Noia Liste

Do mundo do asociacionismo da educación nos tempos libres, foi dar á Filoloxía,  e de alí ao ensino, para logo chegar á animación sociocultural. Na actualidade e xa desde hai 15 anos traballa como animador sociocultural do Concello de Santiago de Compostela, en concreto do CSC de Conxo.

Fran Quiroga
Investigador independente, dirixe o CulturaLab do Máster en Servizos Culturais da USC e coordina o Programa de Estudos en Man Común. O seu traballo transita entre a creación contemporánea, a participación social e a facilitación de conexións.
Ania González 
Avogada e crítica cultural. É especialista en Teoría Crítica do Discurso, Feminismos e Imaxinación Política polo Programa de Estudos Independentes do MACBA. Colabora con textos críticos en arte e política cultural con medios como Babelia-El País ou Praza Pública. Participa e asesora na investigación e deseño metodolóxico de procesos de nova institucionalidade con entidades como a Concellaría de Participación Cidadá e Innovación Democrática de A Coruña, Medialab-Prado ou o Instituto Interuniversitario para a Comunicación Cultural (IICC).  Amais é codirectora do Furancho de Arte Contemporánea FAC Peregrina.

Data: venres, 17 de febreiro 2017// Hora: 17h00 //Lugar: Matadoiro Compostela

Organiza: Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) nace en maio de 2008 como espazo de encontro e reflexión, así como unha plataforma de representación profesional.

By


Comments are closed.