Proxectos

O proxecto Matadoiro Compostela

15 Feb , 2017  

25534238523_b87db61c78_o

Matadoiro Compostela é un proxecto para crear desde cero un espazo de intervención e autoxestión cidadá (xuño-outubro 2016). O 15 de xuño de 2016 a antiga Casa da Xuventude iniciaba nova andaina, recuperaba o nome industrial, Matadoiro Compostela, e abríase como espazo de intervención e organización cidadá. Esta infraestrutura pública proponse desde entón por parte […]

Proxectos

Cronoloxía Mediación Cultural

15 Feb , 2017  

matadoiro21

De Casa da Xuventude a Matadoiro Compostela O Matadoiro Compostela é un edificio de tres andares e máis de 1600 m2 deseñado polo arquitecto Severino González. Foi construído en 1984 entre a Porta do Camiño e o Parque de Belvís, sobre o soar do vello matadoiro da cidade. Tras o seu uso como Casa da […]

Proxectos

Teatro Gradín

14 Dec , 2016  

15327486_1825209091082901_3168247033163420026_n

Teatro Gradín créase nas festas de Vilariño, en Cambados, no verán de 2016, ao tempo que a Orquestra Capitol interpretaba “Vuelve” de Juan Magán e Paulina Rubio, o seus integrantes: Miguel Gendre e Miguel Torres. No Matadoiro levarán a cabo o seu primeiro proxecto xuntos, “Pensamentos socráticos para unha revolución”. Un traballo que terá un […]

Proxectos

A Garita dos Libros. Libraría comunitaria

14 Dec , 2016  

garita

As garitas como construcións de fronteira, como testemuñas da historia de contrabando e da economía de subsistencia é o nome para o territorio dos libros compartidos no linde de acollida ao Matadoiro Compostela. Un espazo comunitario de leva e trae que rescatamos dxs que xa destes en traer, que agora toma a feitura de libraría […]

Programación, Proxectos

Mesa redonda: Políticas culturais en Galiza

7 Dec , 2016  

mesa-redondagaliza

O recentemente creado Grupo de Autoxestión do Matadoiro Compostela organiza o próximo mércores 14 de decembro 2016 as 19h30 na Sala de Madeira (2º andar) do @MatadoiroCmpstl unha mesa sobre políticas culturais en Galiza. Na mesma, e en compañía de cargos políticos do eido cultural e especialistas independentes na materia, trataranse diversos aspectos, entre outros: […]

Obradoiros, Proxectos

I Semana da Cultura Libre

2 Nov , 2016  

semanaculturalibre

Constituímos un grupo de traballo en aberto para tramar entre todos para dar a coñecer a cultura libre mediante este grupo imos organizar encontros en aberto en Matadoiro Compostela, comezando pola I Semana da Cultura Libre do 14 ao 19 de novembro de 2016. Programa de actividades: Luns (14/11/2016) 17:00-21:00. Taller de ferramentas libres para […]

Convocatorias, Programación, Proxectos

Laboratorio de creatividade cidadá: O barrio do bon vivir

27 Out , 2016  

img37

Proxecto comunitario de creación artística e documental sobre o Barrio de San Pedro e as súas historias de vida, baseado en prácticas artísticas de investigación -creación en e para a comunidade. Promotora: Andrea Álvarez Pino. Equipa facilitadora: Andrea Á. Pino e Sandra Lesta. Vermú – presentación do proxecto, o sábado día 5 de novembro ás 12:30 […]

Novas, Programación, Proxectos

Os Tenorios: unha festa escénica no Día dos Defuntos no Matadoiro

15 Out , 2016  

ostenorios-web

Samaín en Santiago… Tempo de misterio, mortos e sombras… Estades convidadxs a unha festa de máscaras que vos transportará a un peculiar Tenorio. Achegádevos ás orixinais visións de diferentes compañías ao tempo que descubrides o Matadoiro Compostela. Desde o cambio de xénero dos personaxes, unha viaxe a través das épocas, a sátira e a parodia […]

,

Proxectos

Matadoiro TV

29 Set , 2016  

matadoirotv

Matadoiro TV é un grupo de traballo colaborativo de produción, información e documentación en formato vídeo. Matadoiro TV é un taller aberto que abarca os múltiples aspectos da produción audiovisual. Actualmente, estase a traballar en dous proxectos de ficción. Un deles é unha ficción política situada nun país imaxinario da antiga URSS. O outro é […]

Instituíntes, Proxectos

Comúns e Instituíntes

15 Set , 2016  

dscf2979

Cinco proxectos seleccionados para intervir e crear comunidade desde setembro a novembro de 2016 A proposta Comúns e Instituíntes moi aberta e libre nas bases céntrase na procura de ideas ou proxectos novos ou xa desenvoltos, que desexen intervir o espazo físico, simbólico ou relacional da Matadoiro. En xullo de 2016, 25 proxectos de intervencion […]